sábado, 18 de abril de 2020

QUE SIGNIFICA...? (parte 1)

Na materia de Lingua Galega estivemos empregando o dicionario online da RAG (Real Academia Galega). Para aprender ben unha lingua é moi importante coñecer o seu vocabulario, e démonos conta de que en Galego empregamos moitos "castelanismos", é dicir, empregamos moitas palabras en Castelán cando falamos ou escribimos en Galego.
Así que na actividade "Que significa...?" a profe deunos unha palabra distinta a cada un de nós e puxémonos mans á obra...Aquí tedes o resultado dalgúns compañeir@s!

👀 Mirade o vídeo para aprender algunhas palabras galegas e o seu significado.



CONTINUARÁ...

6 comentarios:

  1. A palabra que máis me gustou foi: larpeiro, porque eu tamén son unha larpeira. Xa a coñecía .Sofía Rodriguez, bicos

    ResponderEliminar
  2. A palabra galega que máis me gustou foi "morriña" porque soa moi ben. Non a coñecía. Sofía C.

    ResponderEliminar
  3. A palabra que mais me gustou foi"ledicia",non a coñecia.Clara

    ResponderEliminar
  4. A palabra que mais me gustou foi "Sapoconcho". Xa a coñecia,e además explicouna moi ben

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  6. A palabra galega que máis me gustou foi "ledicia". Non a coñecía. Paula.

    ResponderEliminar

 
Copyright 2012 CUARTA GALAXIA. Powered by Blogger
Blogger by Blogger Templates and Images by Wpthemescreator
Personal Blogger Templates